\u201CA GALIÑA DE MOS TEN UN FUTURO ENORME: É UN PRODUTO DIFERENCIADO\ \ QUE SE DEMANDA MÁIS\u201D
ENTREVISTA EN \u201CCAMPO GALEGO\u201D. 16-02-2016
A revista Campo Galego ven de publicar unha entrevista a Diego Rois Losada, veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-BOAGA e Director técnico de AVIMÓS, quen presentou recentemente a súa tese de doutoramento na Facultade de Vererinaria do campus de Lugo baixo o título ‘Caracterización da raza Galiña de Mos’e que mereceu a cualificación de sobresaliente cum laude.
Na entrevista, destaca que o potencial da raza Mos é enorme. A raza Mos é ideal para un tipo de produción mixto carne-ovos, en sistemas de crianza artesanal e ao aire libre, ofrecendo produtos de maior calidade nutritiva e organoléptica fronte ás estirpes industriais, aínda que de menores crecementos. É un cambio de cantidade por calidade. Coa raza autóctona recupéranse os sabores de antes, a importancia do xenotipo, da raza. O sabor de raza.
Para ler toda a entrevista pódese descargar pinchando no seguinte enlace: