Convenio Xunta


Convenio entre a consellería do medio rural e a federación de razas autóctonas de galicia (boaga) para continuar coa execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas ameazadas, da ovella galega, cabra galega, galiña de mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes, cofinanciado co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (feader), no marco do plan estratéxico da política agraria común 2023_2027.

Galicia conta cunha gran diversidade de recursos xenéticos gandeiros autóctonos. A súa explotación sostible e rendible en sistemas de produción de calidade altamente compatibles co medio ambiente é posible, en gran parte, pola rusticidad e a gran capacidade adaptativa destas razas.

Na actualidade, a conservación e o fomento destas razas debe apoiarse no valor engadido que vai asociado á forma de produción característica das mesmas, cun gran aproveitamento dos recursos naturais pero sen esquecer a protección do medio ambiente. Valor engadido que se estende tamén aos produtos que se obteñen das mesmas, diferenciándoos e incrementando a súa demanda e prezo.

As actividades de recuperación e conservación deste acervo xenético, van permitir consolidar os resultados obtidos ata o de agora. Convén seguir traballando na conservación destas razas, polo que procede asinar un convenio entre a Consellería do Medio Rural e BOAGA, coas expectativas postas na recuperación e potenciación da súa variabilidade xenética, diferenciando as súas producións, contribuíndo á diversificar as actividades económicas no rural e facendo un uso comercial das razas e os seus produtos, pero sen esquecerse do mantemento da biodiversidade.

Por tanto, asumindo que a promoción de programas de conservación e fomento dos recursos zoogenéticos autóctonos de Galicia reune as condicións aludidas na lei e o regulamento de subvencións, enténdese a procedencia da firma dun novo convenio entre a Consellería do Medio Rural e BOAGA cuxo obxecto é establecer as condicións para a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zoogenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación por parte da Federación de Razas Autóctonas de Galicia ( BOAGA).

A finalidade do convenio axústase aos fins e obxectivos de BOAGA, obxectivos compartidos coa Consellería do Medio Rural. O convenio subscríbese no marco da subintervención 65052_01 do Plan Estratéxico da PAC de España, para Galicia, sendo a intensidade da axuda do 100% dos gastos subvencionables, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) cunha porcentaxe de financiamento do 80%, o 16% correspondería ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o 4% restante á Xunta de Galicia.

O convenio estará vixente dende o 1 de setembro de 2025 ata do 31 de decembro de 2027.

BOAGA, levará a cabo actividades agrupadas nos seguintes apartados:

  • Actividades relativas á conservación “in situ”/”ex situ” e tarefas de estudo.
  • Actividades relativas á mellora das explotacións e das súas producións.
  • Actividades relativas á promoción das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos

PÓDESE DESCARGAR O DOCUMENTO COMPLETO NO SEGUINTE ENLACE: CONVENIO 2023-2025

Actividades de conservación

ASESORAMENTO (1 setembro 2025 - 20 novembro 2025)

CC:Cachena; CL: Caldelá; FR: Frieiresa; LI: Limiá; VI: Vianesa GM: Galiña de Mos; OG: Ovella Galega; CG: Cabra Galega
CC CL FR LI VI GM OG CG TOTAL
ASESORAM. PRESENCIAL
 EN CAMPO
78 62 56 57 59 65 63 65 505
ASESORAM. PRESENCIAL
EN OFICINA/CORREO
1309 251 183 314 383 212 486 149 3287
ASESORAMENTO
VÍA TELEFÓNICA
565 122 79 149 179 160 238 165 1657
ASESORAMENTO
VÍA CORREO ELECTRÓNICO
70 19 16 10 26 250 70 50 511
ASESORAMENTO EN FEIRAS 154 75 23 72 81 100 135 135 775
TOTAL 2176 529 357 602 728 787 992 564 6735

ESTUDIOS DE PARENTESCO  (1 setembro 2025 - 20 novembro 2025)

CC:Cachena; CL: Caldelá; FR: Frieiresa; LI: Limiá; VI: Vianesa OG: Ovella Galega; CG: Cabra Galega
C CL FR LI VI OG CG TOTAL
ESTUDOS
PARENTESCO
54 33 48 28 14 5 1 183
LOTES DE CUBRICIÓN
MÍN. CONSANGUINIDADE
24 5 15 13 8 0 0 65
ELECCIÓN FUTUROS
SEMENTAIS
17 4 15 9 8 2 1 56
TOTAL 95 42 78 50 30 7 2 304

Bovino

Datos actualizados a 20 de novembro de 2025
RAZA CACHENA CALDELÁ FRIEIRESA LIMIÁ VIANESA
GANDERÍAS
NÚMARO 185 40 25 49 59
ANIMAIS
REPRODUTORES ( > 24 MESES)
MACHOS 339 67 37 77 144
FEMIAS 4424 1219 574 1136 2058
TOTAL 4763 1286 611 1213 2202
CRÍAS ( < 24 MESES)
MACHOS 1152 242 115 324 445
FEMIAS 1762 371 213 437 689
TOTAL 2914 613 328 761 1134
TOTAL CABEZAS
MACHOS 1491 309 152 401 589
FEMIAS 6186 1590 787 1573 2747
TOTAL 7677 1899 939 1974 3336

Ovino Caprino

Datos actualizados a 20 de novembro de 2025
RAZA OVELLA GALEGA CABRA GALEGA
GANDERÍAS
NÚMARO 95 48
ANIMAIS
REPRODUTORES ( > 12 MESES)
MACHOS 101 30
FEMIAS 2714 870
TOTAL 2815 900
CRÍAS ( < 12 MESES)
MACHOS 1623 206
FEMIAS 2797 454
TOTAL 4420 660
TOTAL CABEZAS
MACHOS 1724 236
FEMIAS 5511 1324
TOTAL 7235 1560

Aviar

Datos actualizados a 20 de novembro de 2025
RAZA GALIÑA DE MOS
CRIADORES
175
MACHOS REPRODUTORES
FEMIAS REPRODUTORAS
TOTAL

Actividades de mellora