Características morfolóxicas

características morfolóxicas caldelá Descargar pdf

Características produtivas

Esta raza resulta idónea para explotacións en réxime extensivo, xa que son capaces de facer un bo aproveitamento dos recursos pastables de alta montaña na súa maioría. Trátase de animais rústicos, de gran aptitude maternal e de temperamento tranquilo, características que conducen a unha gran docilidade e a un excelente manexo.

A raza atopábase tradicionalmente en explotacións de índole familiar e manexo artesanal. Os sistemas mixtos de estabulación e pastoreo eran as fórmulas de cría máis habituais, se ben na actualidade se tende a manter os animais no pasto de forma continuada. A alimentación, en función da época do ano, descansa no que pastan fóra complementado con feo e algunhas raíces subministradas no período de escasez de alimento.

caract_produtivas_caldela1

A Caldelá oriéntase á produción de carne de calidade. Os xatos poden alcanzar os 150 kg/canal ao destete ou, se se comercializan máis tarde, pódense obter rendementos superiores ao 50%.

As canais de raza Caldelá teñen boa conformación e son moi compactas, proporcionando uns rendementos de arredor do 49%. Esta carne presenta uns niveis adecuados de proteína de alta calidade, con elevados contidos en aminoácidos esenciais como treonina, valina, lisina e fenilalanina. A carne non é excesivamente graxa, pero a súa distribución é oportuna, con valores de graxa intramuscular que superan o 2%. Proporcionándolle previamente unha maduración apropiada obtéñense unhas características organolépticas excelentes, dando lugar a unha carne saborosa, xugosa e tenra.

caract_produtivas_caldela2