SOMOS 100% RAZA AUTÓCTONA, ÚNETE A NÓS
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia - Boaga impulsa o uso do logotipo “100% Raza Autóctona” como distintivo de calidade para as producións procedentes das nosas razas gandeiras.
Este selo garante a orixe, a pureza racial e o compromiso coa conservación das razas autóctonas, así como co desenvolvemento sostible do medio rural.
As razas autóctonas forman parte do noso patrimonio xenético, cultural e produtivo. Apostar por elas é apoiar un modelo de produción respectuoso co territorio, coa biodiversidade e co benestar animal.
É un selo oficial único, diferenciador e recoñecible, identificador dos produtos procedentes de animais de razas autóctonas españolas, que ofrece ás persoas consumidoras garantías sobre a orixe dos produtos que consomen.
Existe unha normativa estatal que o regula, o Real Decreto 505/2013, do 28 de xuño, polo que se establece o seu uso voluntario en produtos de orixe animal. O desenvolvemento desta normativa recóllese no correspondente prego de condicións para a utilización do logotipo “100% Raza Autóctona”.
Trátase dunha iniciativa impulsada polas entidades representativas das razas autóctonas, co aval das administracións públicas, ante a crecente demanda das persoas consumidoras de produtos tradicionais, saudables, diferenciados e de proximidade.
Esta marca garante a pureza de raza e supón unha oportunidade de mercado, favorecendo a apertura das producións de razas autóctonas a todos os elos da cadea alimentaria ata chegar á persoa consumidora final.
A creación deste distintivo permite identificar os produtos como propios, con garantía de orixe. Ademais, contribuír ao seu consumo axuda á conservación das razas autóctonas, evita a súa desaparición e promove produtos cun sabor auténtico, diferenciado, natural e ligado ao territorio.
Coas razas autóctonas recupéranse os sabores de antes e ponse en valor a importancia do xenotipo na calidade final do produto: o sabor de raza.
Todos aqueles derivados de animais de razas autóctonas: carne, leite, peles e produtos elaborados ou transformados, así como comidas preparadas. No prego de condicións especifícanse os produtos admitidos, a súa descrición e as formas de presentación.
Poden facer uso do logotipo tres tipos de operadores autorizados:
As persoas ou entidades interesadas en empregar o logotipo deben poñerse en contacto coa entidade xestora correspondente, a través dos canais habilitados, para iniciar o proceso de autorización conforme ao establecido no prego de condicións.
Dirección: Pazo de Fontefiz s/n 32152 Coles (Ourense)
Tef: 634 54 86 00
e-mail: frag@boaga.es
web: www.boaga.es
Unha vez en contacto, desde a Asociación indicarémosche todos os pasos a seguir e os requisitos que cómpre cumprir para darse de alta, así como o modo de utilización do logotipo 100% Raza Autóctona.