Que é?


LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA

SOMOS 100% RAZA AUTÓCTONA, ÚNETE A NÓS

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia - Boaga impulsa o uso do logotipo “100% Raza Autóctona” como distintivo de calidade para as producións procedentes das nosas razas gandeiras.

Este selo garante a orixe, a pureza racial e o compromiso coa conservación das razas autóctonas, así como co desenvolvemento sostible do medio rural.

As razas autóctonas forman parte do noso patrimonio xenético, cultural e produtivo. Apostar por elas é apoiar un modelo de produción respectuoso co territorio, coa biodiversidade e co benestar animal.

É un selo oficial único, diferenciador e recoñecible, identificador dos produtos procedentes de animais de razas autóctonas españolas, que ofrece ás persoas consumidoras garantías sobre a orixe dos produtos que consomen.

Existe unha normativa estatal que o regula, o Real Decreto 505/2013, do 28 de xuño, polo que se establece o seu uso voluntario en produtos de orixe animal. O desenvolvemento desta normativa recóllese no correspondente prego de condicións para a utilización do logotipo “100% Raza Autóctona”.

Trátase dunha iniciativa impulsada polas entidades representativas das razas autóctonas, co aval das administracións públicas, ante a crecente demanda das persoas consumidoras de produtos tradicionais, saudables, diferenciados e de proximidade.

Esta marca garante a pureza de raza e supón unha oportunidade de mercado, favorecendo a apertura das producións de razas autóctonas a todos os elos da cadea alimentaria ata chegar á persoa consumidora final.

A creación deste distintivo permite identificar os produtos como propios, con garantía de orixe. Ademais, contribuír ao seu consumo axuda á conservación das razas autóctonas, evita a súa desaparición e promove produtos cun sabor auténtico, diferenciado, natural e ligado ao territorio.

Coas razas autóctonas recupéranse os sabores de antes e ponse en valor a importancia do xenotipo na calidade final do produto: o sabor de raza.

Todos aqueles derivados de animais de razas autóctonas: carne, leite, peles e produtos elaborados ou transformados, así como comidas preparadas. No prego de condicións especifícanse os produtos admitidos, a súa descrición e as formas de presentación.

Poden facer uso do logotipo tres tipos de operadores autorizados:

  1. Produtores primarios: explotacións gandeiras onde nacen, se crían e/ou se engordan os animais.
  2. Transformadores: matadoiros, salas de despece, instalacións de procesado e elaboración, industrias lácteas e, en xeral, calquera establecemento autorizado pola lexislación vixente onde se leven a cabo procesos de sacrificio, transformación, envasado ou embalaxe.
  3. Comercializadores: puntos de venda ao público e establecementos de restauración onde se oferten e comercialicen estes produtos (carnizarías, tendas especializadas, restaurantes, etc.).

As persoas ou entidades interesadas en empregar o logotipo deben poñerse en contacto coa entidade xestora correspondente, a través dos canais habilitados, para iniciar o proceso de autorización conforme ao establecido no prego de condicións.

Federación de razas autóctonas de Galicia

Dirección: Pazo de Fontefiz s/n 32152 Coles (Ourense)

Tef: 634 54 86 00

e-mail: frag@boaga.es

web: www.boaga.es

Unha vez en contacto, desde a Asociación indicarémosche todos os pasos a seguir e os requisitos que cómpre cumprir para darse de alta, así como o modo de utilización do logotipo 100% Raza Autóctona.