Convenio entre a consellería do medio rural e a federación de razas autóctonas de galicia (boaga) para continuar coa execución das actividades de conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas ameazadas, da ovella galega, cabra galega, galiña de mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes, cofinanciado co fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (feader), no marco do plan estratéxico da política agraria común 2023_2027.
Galicia conta cunha gran diversidade de recursos xenéticos gandeiros autóctonos. A súa explotación sostible e rendible en sistemas de produción de calidade altamente compatibles co medio ambiente é posible, en gran parte, pola rusticidad e a gran capacidade adaptativa destas razas.
Na actualidade, a conservación e o fomento destas razas debe apoiarse no valor engadido que vai asociado á forma de produción característica das mesmas, cun gran aproveitamento dos recursos naturais pero sen esquecer a protección do medio ambiente. Valor engadido que se estende tamén aos produtos que se obteñen das mesmas, diferenciándoos e incrementando a súa demanda e prezo.
As actividades de recuperación e conservación deste acervo xenético, van permitir consolidar os resultados obtidos ata o de agora. Convén seguir traballando na conservación destas razas, polo que procede asinar un convenio entre a Consellería do Medio Rural e BOAGA, coas expectativas postas na recuperación e potenciación da súa variabilidade xenética, diferenciando as súas producións, contribuíndo á diversificar as actividades económicas no rural e facendo un uso comercial das razas e os seus produtos, pero sen esquecerse do mantemento da biodiversidade.
Por tanto, asumindo que a promoción de programas de conservación e fomento dos recursos zoogenéticos autóctonos de Galicia reune as condicións aludidas na lei e o regulamento de subvencións, enténdese a procedencia da firma dun novo convenio entre a Consellería do Medio Rural e BOAGA cuxo obxecto é establecer as condicións para a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zoogenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación por parte da Federación de Razas Autóctonas de Galicia ( BOAGA).
A finalidade do convenio axústase aos fins e obxectivos de BOAGA, obxectivos compartidos coa Consellería do Medio Rural. O convenio subscríbese no marco da subintervención 65052_01 do Plan Estratéxico da PAC de España, para Galicia, sendo a intensidade da axuda do 100% dos gastos subvencionables, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) cunha porcentaxe de financiamento do 80%, o 16% correspondería ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o 4% restante á Xunta de Galicia.
O convenio estará vixente dende o 1 de setembro de 2025 ata do 31 de decembro de 2027.
BOAGA, levará a cabo actividades agrupadas nos seguintes apartados:
PÓDESE DESCARGAR O DOCUMENTO COMPLETO NO SEGUINTE ENLACE: CONVENIO 2023-2025
ASESORAMENTO (1 setembro 2025 - 20 novembro 2025)
| CC | CL | FR | LI | VI | GM | OG | CG | TOTAL | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
ASESORAM. PRESENCIAL EN CAMPO |
78 | 62 | 56 | 57 | 59 | 65 | 63 | 65 | 505 |
|
ASESORAM. PRESENCIAL EN OFICINA/CORREO |
1309 | 251 | 183 | 314 | 383 | 212 | 486 | 149 | 3287 |
|
ASESORAMENTO VÍA TELEFÓNICA |
565 | 122 | 79 | 149 | 179 | 160 | 238 | 165 | 1657 |
|
ASESORAMENTO VÍA CORREO ELECTRÓNICO |
70 | 19 | 16 | 10 | 26 | 250 | 70 | 50 | 511 |
| ASESORAMENTO EN FEIRAS | 154 | 75 | 23 | 72 | 81 | 100 | 135 | 135 | 775 |
| TOTAL | 2176 | 529 | 357 | 602 | 728 | 787 | 992 | 564 | 6735 |
ESTUDIOS DE PARENTESCO (1 setembro 2025 - 20 novembro 2025)
| C | CL | FR | LI | VI | OG | CG | TOTAL | |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
ESTUDOS PARENTESCO |
54 | 33 | 48 | 28 | 14 | 5 | 1 | 183 |
|
LOTES DE CUBRICIÓN MÍN. CONSANGUINIDADE |
24 | 5 | 15 | 13 | 8 | 0 | 0 | 65 |
|
ELECCIÓN FUTUROS SEMENTAIS |
17 | 4 | 15 | 9 | 8 | 2 | 1 | 56 |
| TOTAL | 95 | 42 | 78 | 50 | 30 | 7 | 2 | 304 |
Bovino
| RAZA | CACHENA | CALDELÁ | FRIEIRESA | LIMIÁ | VIANESA |
|---|---|---|---|---|---|
| GANDERÍAS | |||||
| NÚMARO | 185 | 40 | 25 | 49 | 59 |
| ANIMAIS | |||||
| REPRODUTORES ( > 24 MESES) | |||||
| MACHOS | 339 | 67 | 37 | 77 | 144 |
| FEMIAS | 4424 | 1219 | 574 | 1136 | 2058 |
| TOTAL | 4763 | 1286 | 611 | 1213 | 2202 |
| CRÍAS ( < 24 MESES) | |||||
| MACHOS | 1152 | 242 | 115 | 324 | 445 |
| FEMIAS | 1762 | 371 | 213 | 437 | 689 |
| TOTAL | 2914 | 613 | 328 | 761 | 1134 |
| TOTAL CABEZAS | |||||
| MACHOS | 1491 | 309 | 152 | 401 | 589 |
| FEMIAS | 6186 | 1590 | 787 | 1573 | 2747 |
| TOTAL | 7677 | 1899 | 939 | 1974 | 3336 |
Ovino Caprino
| RAZA | OVELLA GALEGA | CABRA GALEGA |
|---|---|---|
| GANDERÍAS | ||
| NÚMARO | 95 | 48 |
| ANIMAIS | ||
| REPRODUTORES ( > 12 MESES) | ||
| MACHOS | 101 | 30 |
| FEMIAS | 2714 | 870 |
| TOTAL | 2815 | 900 |
| CRÍAS ( < 12 MESES) | ||
| MACHOS | 1623 | 206 |
| FEMIAS | 2797 | 454 |
| TOTAL | 4420 | 660 |
| TOTAL CABEZAS | ||
| MACHOS | 1724 | 236 |
| FEMIAS | 5511 | 1324 |
| TOTAL | 7235 | 1560 |
Aviar
| RAZA GALIÑA DE MOS | ||
|---|---|---|
| CRIADORES | ||
| 175 | ||
| MACHOS REPRODUTORES | ||
| FEMIAS REPRODUTORAS | ||
| TOTAL |