A OVELLA GALEGA NA 11ª ANDAINA DE ARMARIZ
3 de Agosto 2019. Armariz (Nogueira de Ramuín)
O 3 de agosto, celebrouse unha nova andaina solidaria en Armariz (Nogueira de Ramuín), foi a undécima edición para recadar fondos desta vez para asociación AFFOU (Asociación de fibromialxia, fatiga crónica e sensibilidade múltiple de Ourense). Nesta andaina participou coma en edicións anteriores o criador da raza Ovella Galega “Finca a Tellada”, un dos organizadores do evento, que repartiu información sobre as razas autóctonas galegas e sorteou entre os participantes un agasallo sobre as nosas razas autóctonas.