A OVELLA GALEGA PARTICIPARÁ EN \"ARTESANATO\" NA MEZQUITA
05/08/2020. A Mezquita (Ourense)
Este mércores 5 de agosto, o criador de Ovella Galega e operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega, Xoan González Alonso, participará en ARTESANATO, 1ª feira de artesanía da Mezquita, coa súa marca “Granxa ecolóxica rexenerativa A Ciruxana”.
No seu posto, que conta con neveira expositora, terá á venda cordeiro de Ovella Galega procedente da súa explotación, así coma e información da raza e máis da súa gandería.
Esta feira na que terán diferentes actividades, abrirase ao público a partir das 18:00h, e conta con todas as medidas de protección e seguridade fronte ao COVID_19. Non a perdades!!!