A OVELLA GALEGA PARTICIPARÁ UN ANO MÁIS EN \"ARTESANATO\" EN A MEZQUITA
5 agosto 2021. A Mezquita (Ourense)
Este xoves 5 de agosto, o criador de Ovella Galega e operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega, Xoan González Alonso, participará en ARTESANATO, na 2ª feira de artesanía da Mezquita, coa súa marca “Granxa A Ciruxana”.
No seu posto, que conta con neveira expositora, terá á venda cordeiro de Ovella Galega procedente da súa explotación, degustación de produtos de Ovella Galega 100%, así coma información da raza e máis da súa gandería.
Esta feira na que terán diferentes actividades, abrirase ao público a partir das 111:00h, e conta con todas as medidas de protección e seguridade fronte ao COVID_19. Non a perdades!!!