1_7R2yYSP

AS AUTÓCTONAS ESTIVERON NA FEIRA DE A VEIGA

09 e 10 de outubro de 2021. A VEIGA (Ourense)

09 e 10 de outubro, participamos na primeira exposición Agrícola e gandeira de Trevinca, en A Veiga (Ourense). Houbo exposición de animais das razas autóctonas galegas, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos. Participaron pola raza Galiña de Mos con lotes das súas galiñas Vicente Lameiro, do concello da Veiga, María Elisa Camino, do concello do Bolo e Ana Belén Losada de Granxa Artesanal "Os Chambras", do concello de Manzaneda. Polas razas Ovella Galega e Cabra Galega, participou con sendos lotes o INORDE. Tamén tivemos un stand onde repartimos abundante material publicitario.