AS AUTÓCTONAS NA FEIRA DE ANO DE GOMEÁN (O CORGO)
13/08/2023. O Corgo (Lugo)
O domingo, 13 de agosto de 2023, celebrouse no campo da feira de Gomeán, no Corgo (Lugo), unha nova edición da “FEIRA DE ANO DE GOMEÁN”. Estivemos cun stand con material publicitario e asesoramento sobre as nosas razas. Ademáis participaron con exposición de animais vivos as seguintes ganderías:
- RAZA CALDELÁ: Alejandro Salvatierra de Neipín (A Pontenova). con CALDELÁS.
- RAZAS CABRA GALEGA E OVELLA GALEGA: Ganadería Soli, SC de ALFOZ.
- RAZA FRIEIRESA: Gonzalo Seoane dende Oleiros en Vilalba.
- RAZA GALIÑA DE MOS: Sandra López, de Láncara
- RAZA CACHENA: “Cachenas O Antoxo” de Alfonxe-Gomeán en O Corgo. Os anfitrións.
A Feira que estivo organizada Pola Asociación de Veciños “O Salgueiriño” de Gomeán, tivo varias actividades dende as 10:30 horas hasta as 14:00h. Exposición de animais de raza autóctona, demostración de oficios artesanais, degustación de carne de Cachena, venda de produtos de proximidade.