img_5961

AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS PRESENTES EN EXPOLUGO 2019

5-6 outubro 2019. Lugo

As razas Galiña de Mos, Cachena, Ovella Galega e Cabra Galega, estiveron presentes na feira Expolugo, que se celebrou os días 5 e 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo. Con exposición de animais vivos e tamén con exposición e venda de produtos das razas Cachena e Cabra Galega. Participaron os criadores Gonzalo Seoane (raza Cachena),Ramón Vázquez e Mª Carmen de Cachenas de Pantón (con animais vivos e produtos da raza Cachena), Jordi Anguez “Cachenas de San Breixo”(con produtos da raza Cachena), Yolanda Gómez de “Granxa Teixeiro e Pistón” (con animais vivos e produtos da raza cabra Galega), Oscar Miranda (con exemplares da raza Galiña de Mos), Alberto Fernández (con exemplares da raza Galiña de Mos), Luis Fernández (con exemplares vivos das razas Ovella Galega e Galiña de Mos), Sandra López (con animais da raza Galiña de Mos) e Daniel Vázquez (con animais da raza Cachena).

A continuación pódense descargar imaxes dos criadores e de distintos momentos nas dúas xornadas.