AS RAZAS AUTÓCTONAS PRESENTES NUNHA NOVA EDICIÓN DA\ \ FEIRA DO GRELO.
2\ \ -3 de Marzo 2019 AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Os días 2 e 3 de marzo, celebrouse no concello das Pontes de García Rodríguez, a XXXIX edición da Feira do Grelo. Paralelamente realizouse a III mostra de razas autóctonas na que participaron os criadores Michiel Meijer e Cynthia Arias con exemplares da raza Galiña de Mos e do mesmo concello das Pontes, así como Francisco Manuel Penabad Pita do concello de Ortigueira con exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega, xunto con criadores das razas Porco Celta e Can de Palleiro.
Boaga estivo con stand onde se publicitaron e promocionaron as nosas razas autóctonas, e prestóuselle asesoramento ao numeroso público asistente.
Aquí vos deixamos un resumo das xornadas con imaxes.