BOAGA PARTICIPARÁ EN GANDAGRO DO 13 AO 15 DE MARZO 2014 .
III MONOGRÁFICO DE LA GANADERÍA Y LA AGRICULTURA
Do 13 ao 15 de marzo de 2014, celébrase a terceira edición de GandAgro, unha feira monográfico do sector agrogandeiro no que haberá xornadas técnicas, concursos e exposicións.
BOAGA xunto coas asociacións integradas, participarán con exposición e representación de exemplares vivos das 8 razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega. Tamén estaremos cun stand para información e asesoramento dos visitantes e mais con venda do libro de cociña “Cociñando coas razas autóctonas” e de peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.
Temos entradas/invitación a disposición de todos os socios pertencentes as asociacións de BOAGA, polo que si están interesados en asistir deben poñense en contacto chamando previamente ao tef 988205486 da Federación.