BOAGA PARTICIPOU COMA XURADO NOS PREMIOS DA CRÍTICA DE GALICIA 2019
9 novembro 2019. Vigo
O 9 de novembro de 2019, a Federación de Razas Autóctonas de Galicia, participou coma xurado do premio na sección “cultura gastronómica”, na 41ª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2019 en Vigo, e tamén puidemos degustar produtos de calidade galegos, entre os que se atopaba empanada galega de raza Cachena.
Este ano os premiados foron Moncha Fuentes (creación literaria), Satélite Lume-1 (investigación), Festival de Poesía do Condado (iniciativas culturais e científicas), Xan Carballal (música), Soledad Penalta (artes plásticas), Rut Balbís (artes escénicas), Lucía Freitas (cultura gastronómica) e a serie «Fariña»(cien e artes audiovisuais).