CHARLA DA GALIÑA DE MOS NA POBRA DE SAN XIAO.
7 novembro 2019. Pobra de San Xiao- Láncara (Lugo)
O 7 de novembro de 2019, os alumnos do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, provincia de Lugo, asistiron ás nosas explicacións sobre o proceso de incubación dos ovos. A criadora Sandra López de Granxa Aeiroá contou a súa experiencia na crianza da nosa raza.