img_20201209_145049655

CHARLAS DIVULGATIVAS DA OVELLA GALEGA E CABRA GALEGA NO CIFP A GRANXA.

9 de decembro de 2020. Ponteareas (Pontevedra)

O 9 de decembro, Silvia Adán, directora técnica das razas Ovella Galega e Cabra Galega, impartiu unhas charlas divulgativas sobre as dúas razas, aos alumnos da promoción 2019-2021 de “Técnicos en Producción Agroecolóxica do Centro Integrado de Formación Profesional” "A Granxa", en Ponteareas (Pontevedra).

Son futuros profesionais do campo e a gandería, que se mostraron moi interesados nos traballos que se están a facer coas dúas razas e das posibilidades futuras de traballo como saída profesional con estas razas autóctonas galegas.