COMERCIALIZACIÓN DA CARNE E PRODUTOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NO ESPAZO\ \ \u201CDE NOS A VOS\u201D.
Do 6 ao 9 juño 2019. Silleda (Pontevedra)
Boaga e catorce criadores de razas autóctonas galegas pertencentes as asociacións integradas na Federación, presentarán en exposición e venda, a carne e os produtos derivados das razas autóctonas galegas en perigo de extinción a través de 16 stands, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda, onde se celebra o SALIMAT 2019.
Este é o sétimo ano consecutivo no que os criadores participan coas súas marcas comerciais, unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar estes produtos únicos, experiencia que repiten moitos deles. Dos produtos que se presentarán, hai carne e derivados cárnicos de vacún de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, carne de cordeiro de Ovella Galega e de cabrito de Cabra Galega, así coma Polos, Galos, Pulardas e ovos de raza Galiña de Mos. Os produtores que participan este ano, preséntanse coas seguintes marcas individuais: “GANADERÍA BALÍN”, “CACHENAS DE PANTÓN”,“CACHENAS DE SAN BREIXO”, “GANDARÍA E CARNICERÍA LAGE”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “GRANXA CASTRO DE MADROSENDE”, “AVES DO CONCELLO”, “CHOUSA DO LEA”,“GACARLI S. L.”, “GRANXA AEIROA” “A GRANXA DE LOLA”, “CRUZ GRILLE”, “GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN” E “O AGRO”
Ademáis estaremos con tres stands propios, por unha parte “BOAGA” e “TAPIRAZAS” onde se asesorará sobre as razas autóctonas, os produtos derivados, as actividades que se están a realizar, e onde estarán dispoñibles os tikets para o menú degustación de razas autóctonas do restaurante TapiRazas. E por outra parte "BIOHERITAGE", un stand onde se informará e promocionarán as razas autóctonas a través dos espazos naturais onde habitan, proxecto financiado con fondos europeos FEDER, no que participan 8 entidades socias de España, Portugal e Francia, entre os que se atopa BOAGA.