boaga-vianesa-fontefiz-xurxo-lobato-20

A XUNTA CONVOCARÁ AS NOVAS AGROAMBIENTAIS EN 2022 E PREVESE UN AUMENTO DE\ \ PRIMA PARA AS ZONAS CON LIMITACIÓNS NATURAIS

abril 2021

O Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR) 2014-2020 contará con 343,1 millóns de euros para a prórroga dos anos 2021 e 2022, á espera de que se poña en marcha o novo ciclo da PAC no 2023. Ademais, hai que sumar 76,9 millóns de euros adicionais procedentes do Instrumento de Recuperación ( posto en marcha pola UE por mor da Covid-19. Son en total 420 millóns de euros para os que xa se perfilou un destino. O comité de seguimento do PDR de Galicia reuniuse para pechar a proposta de execución dos novos fondos, que deberá ser revisada e validada por Bruxelas.

Unha das principais novidades é que cos fondos do Instrumento de Recuperación, a Xunta propón convocar novas axudas agroambientais no 2022, para o que destinará 16,4 millóns de euros. As axudas agroambientais, serán agora por un período dun ano, susceptible a prórrogas. Galicia tamén está á espera de ver como quedan os ecoesquemas da nova PAC en España, que se pecharán previsiblemente no mes de maio e entrarán en vigor no 2023, pois pode haber ecoesquemas que se solapen coas axudas agroambientais e que obriguen a facer cambios nas mesmas a partir do 2023.

Outro dos destinos do Instrumento de Recuperación no 2022 será a curmá para Zonas con Limitacións Naturais e de Montaña ( ZLN), que se financiará integramente cos fondos achegados pola UE para a Covid-19. Destinaranse no 2022 un total de 12,7 millóns de euros, segundo a proposta que a Xunta lle trasladará a Bruxelas.

En 2021 tamén se subirá a contía de prima por hectárea para Zonas con Limitacións Naturais e de Montaña, de forma que os gandeiros reciban maiores compensacións.

Xunto cos fondos comprometidos para axudas agroambientais e para Zonas con Limitacións Naturais, o Instrumento de Recuperación ( Euri) conta con outros 47 millóns de euros que se destinarán a reforzar as tradicionais liñas do PDR, fundamentalmente a instalación de novos agricultores, o apoio á industria agroalimentaria e as axudas para plans de mellora e compra de maquinaria en réxime asociativo.

Tamén se anuncia unha nova convocatoria de axudas de agricultura ecolóxica para o 2022, tanto para os produtores que xa están en ecolóxico como para aqueles que queiran facer a transición da produción convencional á ecolóxica. Outra liña menor destinarase a apoiar o asesoramento ás explotacións.