DESFILE DE GANDO NO SAN FROILÁN 2023.
06/10/2023 Lugo
O 6 de outubro celebrouse polas rúas do centro de Lugo o tradicional desfile de gando que inaugura as festas do San Froilán. Aí estiveron varios dos nosos criadores, Sandra Löpez, Francisco Monasterio e Noel Freire coa raza Galiña de Mos, Elba Cordero coa raza Cabra Galega e Luis Fernández coa raza Ovella Galega. Un gran éxito coma tódolos anos.