E TAMÉN ESTIVEMOS NA FEIRA DA PATACA EN VILAR DE BARRIO
10/10/2021. Vilar de Barrio. (Ourense)
O 10 de outubro, tamén estivemos nunha exposición con animais de razas autóctonas galegas na 41 edición da festa da pataca de Vilar de Barrio.
Alí puidéronse ver animais das razas Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega. Participaron os criadores Ana Belén López Baz e Sergio Basalo Gómez con animais de Vianesa das súas ganderías, Celso Basalo Gómez representando á raza Caldelá, e o Inorde con animais das razas Ovella Galega e Cabra Galega. Tamén tivemos un stand onde se repartiu publicidade das nosas razas autóctonas galegas.