NO CEIP O COUTO DE OURENSE NACERON POLIÑOS DA RAZA GALIÑA DE MOS
21 de febreiro 2019. Ourense
No CEIP O Couto de Ourense, naceron poliños da raza Galiña de Mos. Con motivo do nacemento destes polos, o 21 de febreiro, achegamos á aula un galo e unha galiña da raza, aproveitando para darlles aos alumnos unha charla sobre a Galiña de Mos e sobre a avicultura en xeral. Outra experiencia moi agradable e positiva.