NO CEIP O COUTO - GRECO NACERON POLIÑOS DA RAZA GALIÑA DE MOS
22 marzo 2019. Ourense
Emocionante xornada a do pasado 22 de marzo no CEIP O Couto, edificio Greco, en Ourense, onde naceron 12 poliños da raza Galiña de Mos. Os alumnos asistiron ás explicacións sobre avicultura, estando presentes un galo e unha Galiña da raza.