img_20200305_125403

NO COLEXIO DO BARQUEIRO NACERON POLIÑOS

05/03/20. (O Barqueiro, Mañón- A Coruña)

@s nen@s do Colexio Público Francisco López Estrada do Barqueiro, concello de Mañón, recibiron uns visitantes moi especiais no colexio. Un galo e unha galiña da raza Galiña de Mos visitaron o día que nacía un lote de poliños na aula. Miguel e Rebeca de Ganadería Tras Do Río Cachena contáronlles a súa experiencia coas razas autóctonas.

Esta actividade está desenvolvida gracias ao “Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia -BOAGA para a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, da Cabra Galega, da Galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014_2020” e para o período 2020-2022.