presentacion-guia-e-para-comer-lugo

EN\ \ FITUR FALOUSE DA GALIÑA DE MOS E DA OVELLA GALEGA

23-25 xaneiro 2019. Madrid

Nunha nova edición da Feira Internacional do Turismo-Fitur, volveuse a falar da Galiña de Mos e da Ovella Galega. O 23 de xaneiro, no stand de Galicia, asistimos á presentación da Guía de Hostalería da provincia de Lugo, invitados pola APEHL(Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo). Neses días o restaurante Pazo de Lugo, ofreceu unha degustación con produtos de calidade galegos, na que o Galo Mos foi protagonista xunto co Cordeiro da raza Ovella Galega. Tamén aproveitamos para visitar a varios hostaleiros e mercados madrileños que están a coñecer os produtos da Galiña de Mos.