img_20200131_103643_wItbiCJ

EN GALDO, VIVEIRO NACERON POLIÑOS DA RAZA

30/01/2020. Viveiro (Lugo)

No mes de xaneiro o CEIP Plurilingüe Santa Rita en Galdo, Viveiro, recibíu uns visitantes moi especiais. Un galo e unha galiña da raza visitaron o centro, o día que naceu un lote de poliños incubados tras tres semanas. Un pracer atoparse con profesoras e profesores tan implicados cos seus alumnos.

Esta actividade está desenvolvida gracias ao “Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia -BOAGA para a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, da Cabra Galega, da Galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014_2020” e para o período 2020-2022.