84411153_1714474265349152_1848252851285917696_o

ESPECTACULAR ÉXITO DAS AUTÓCTONAS EN XANTAR.

5-9 de febreiro 2020. Expourense (Ourense)

Outro ano máis participamos de cheo no Salón Internacional de Turismo Gastronómico-XANTAR que se celebrou en expourense do 5 ao 9 de febreiro. Tivemos un stand atendido por técnicos e criadores e o noso restaurante, cun menú feito a partir de produtos das nosas razas autóctonas, elaborado e atendido polo cociñeiro Antonio Díaz e o equipo do “Andarubel Fragas do Eume”. Coma sempre foi un éxito total, cheo tódolos días.

Os criadores que participaron expoñendo e vendendo os seus produtos foron Ganadería Balín de raza Limiá, Gandeiría e Carnicería Lage de raza Caldelá, e Cachenas de Pantón de raza Cachena. As tres crían e venden os produtos da súa explotación.

Tamén se fixeron dous talleres gastronómicos de raza Limiá a cargo de Ganadería Balín ,o primeiro “Limiá en estado puro”con Gabi Conde de restaurante Portovello (Ourense). O segundo “Balín ao natural” con Fran Sotelino de BLUEMOON-GASTRO.

Xantar foi visitado por máis de 24.000 persoas, e tivemos moitas visitas e entrevistas en directo así coma gravacións para TV. Aquí vos deixamos unha mostra de imaxes, e pratos que fixeron as delicias dos comensáis!.

Fixemos un vídeo promocional que se pode ver no seguinte enlace: