ESTA FIN DE SEMANA HABERÁ UNHA MOSTRA DE RAZAS AUTÓCTONAS NAS PONTES.
2\ \ -3 de Marzo 2019. AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Este sábado e domingo con motivo da celebración da XXXIX Feira do Grelo no concello das Pontes de García Rodríguez, celebrarase a III mostra de razas autóctonas de Galicia organizada por Boaga, na que participarán as razas Galiña de Mos, Ovella Galega, Cabra Galega, Porco Celta e Can de Palleiro. Alí estaremos ofrecendo información aos asistentes de tódalas nosas razas autóctonas en perigo de extinción, e onde se poderán observar fermosos exemplares de razas autóctonas de explotacións de criadores da zona. Non a perdades!.
Para máis información pinchar no seguinte enlace: