ESTIVEMOS EN CIMAG-GANDAGRO
21-23 Febreiro 2019. Silleda (Pontevedra)
Vimos de participar na feira Cimag-GandAgro, que se celebrou no recinto da Fundación Semana Verde de Galicia, en Silleda. Aproveitamos a visita do Conselleiro do Medio Rural para expoñer a situación das nosas razas autóctonas e os posibles avances que se poden facer a curto e medio prazo.
Entrevistáronnos tamén no programa “A tarde da Radio Galega”, onde explicamos para os oíntes do programa, que son as razas autóctonas galegas en perigo de extinción así como os avances e traballos que se están a facer para promocionalas. Pódese escoitar o audio no seguinte enlace: