1b42a49a-3459-4c9a-9ad5-19009e8f9c2a

ESTIVEMOS NA PRESENTACIÓN DE \u201CCOCIÑANDO A MARIÑA LUCENSE\u201D\ \ EN FOZ

23 de setembro de 2020. Foz (Lugo)

O mércores, 23 de setembro de 2020 presentouse, no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña) do concello de Foz, o proxecto “Cociñando A Mariña Lucense”. Unha nova iniciativa que pon en marcha a Mancomunidade da Mariña Lucense, en colaboración coa FCAM (Federación de Comercio da Mariña) e a Xunta de Galicia.

Trátase dun proxecto para promocionar a comarca a través do turismo gastronómico, poñendo en valor os produtos da zona, e facendo sinerxias entre hostaleiros  e os produtores da comarca, entre os que se atopan varios criadores das nosas razas autóctonas galegas.

Esta iniciativa, inclúe unha “Guía dos produtores locais da Mariña”, e porá en marcha un concurso de vídeo receitas, que se desenvolverá do 15 de outubro ao 15 de novembro deste ano.

O acto ao que asistíu BOAGA, foi presentado polo presidente da Mancomunidade de municipios da Mariña, Fran Cajoto, o coordinador da iniciativa, Lucas Requejo, presidente da FCAM, José Carlos Paleo e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Manterémosvos informados ante calqueira avance ou novidade.

Pódese obter máis información nos seguintes enlaces: