img-20190930-wa0014

EXITOSA DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DE RAZA CACHENA NA FINAL DO VIII CIRCUITO\ \ DE GOLF SENIOR TURISMO DE GALICIA 2019.

25 setembro 2019. Augas Santas (Pantón-Lugo)

O mércores 25 de setembro, disputouse a final do torneo de golf senior 2019, no circuito do hotel OCA Augas Santas, en Ferreira de Pantón - Lugo onde participaron golfistas de toda España, e aproveitando tal ocasión, a Ganadería "CACHENAS DE PANTÓN" de Mª Carmen Álvarez e Ramón Vázquez, criadores pertencentes a asociación CACHEGA e operadores autorizados para o logotipo 100% Cachena, organizaron unha exitosa degustación con produtos da súa explotación.

Minihamburguesas e empanada de carne de Cachena, fixeron as delicias para os máis de 90 participantes no torneo . Noraboa pola iniciativa!!!.