GRAN ÉXITO DA EXPODEGUSTACIÓN DA RAZA GALIÑA DE MOS
27 de outubro 2019. San Xiao de Mos (Castro de Rei- Lugo)
A ExpoDegustación da Galiña de Mos, que se celebrou en San Xiao de Mos, concello de Castro de Rei, o 27 de outubro, rexistrou outro éxito, xa que se esgotaron os 1.000 menús postos á venda.
Tamén se celebrou o Concurso-Exposición Comarcal da nosa raza, que se ven celebrando dende fai dez anos.
Resultou gañadora unha galiña de Beatriz Canto Edrosa e un galo de José Zapata Sánchez, ambos criadores do concello de Castro de Rei. As aves foron xulgadas por D. Cástor Rivero, Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, da Xunta de Galicia.