AS RAZAS CACHENA, CALDELÁ E GALIÑA DE MOS, SERÁN PROTAGONISTAS NA FEIRA\ \ DOS FUNGOS E COGUMELOS EN AS PONTES.
26-27 outubro 2019. As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)
Esta fin de semana, poderanse degustar as razas Cachena, Caldelá e os ovos de Galiña de Mos junto con jamón de Porco Celta, na XXX Feira de Fungos e Cogumelos de As Pontes. Nun espazo Mico-autóctonas organizado pola Food truck Autga, do coiñeiro Antonio Díaz (operador autorizado para o logotipo 100% raza autóctona Cachena, Caldelá e Galiña de Mos entre outras), onde se ofertarán unha serie de pratos de cogumelos con carne e ovos de razas autóctonas de Galicia.
E o domingo Xantar popular de feira de fungos e cogumelos, organizado por Antonio Díaz e o seu equipo (do Andarubel Fragas do Eume) onde se poderán degustar pratos de fungos con carne das razas Cachena e Caldelá.
Boa proposta de fin de semana!!!