1_dGkiY1p

NUN COLEXIO DE MONFORTE NACERON POLIÑOS.

18 maio de 2019. Monforte de Lemos (Lugo)

O 18 de maio de 2019, no colexio Ferroviario en Monforte de Lemos, naceron 14 poliños da nosa raza trala incubación feita de 18 ovos, na que se deu unha charla previa sobre o proceso de incubación. Estivo presente o criador Ramón Vázquez, que lle falou aos alumnos da súa experiencia na crianza da Galiña de Mos.