ecos-da-pedraj

XORNADA DE DEGUSTACIÓN DE RAZA VIANESA EN ECOS DA PEDRA

Teimende. Parada do Sil. (OURENSE)

O próximo sábado, 22 de agosto de 2020, terá lugar nesta peculiar adega coñecida pola elaboración de  licores e da cervexa artesá ICATÚ, unha degustación de carne de raza vianesa amparada baixo o LOGOTIPO 100% VIANESA.

O produto procede de Gandería Cimadevila, explotación ecolóxica situada no concello de Montederramo e adicada a cria en liberdade de gando da RAZA AUTÓCTONA VIANESA .

Esperamos que o desfruten.