XORNADAS GASTRONÓMICAS DA GALIÑA DE MOS NA PROVINCIA DE LUGO.
15-24 novembro 2019. Provincia de Lugo
Durante o ano 2019, véñense celebrando na provincia de Lugo unha serie de Exaltacións Gastronómicas, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Diputación de Lugo, con produtos de calidade galegos. No mes de novembro celebráronse as das carnes da raza Galiña de Mos, os Grelos de Galicia, a Pataca de Galicia e o Queixo de Tetilla.
O Ciclo de exaltacións gastronómicas rematou coas xornadas da raza Galiña de Mos, onde participaron os restaurantes:
O Asador (Barreiros), A Lonxa (Burela), Río Lea (de Castro Riberas de Lea), Casa Damián (Foz), O Lar (Foz), Xoyma (Foz), Casa Gaibor (Guitiriz), Canedo (Lugo), Manuel Manuel (Lugo), O Cincuenta e Seis (Lugo), Os Cachivaches (Lugo), Abadía San Simón (Monforte de Lemos), Tapería Centro do Viño (Monforte de Lemos), O rincón (Palas de Rei), A Mirandilla de Rinlo-Ribadeo, El Oviedo (Ribadeo), O Parador de Ribadeo é O Parador de Vilalba.