UN ANO MAIS AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPAN EN MAGRECO (BOIMORTO)
30-31 marzo 2019. Boimorto (A Coruña)
Do 30 ao 31 de marzo, celebrouse Magreco (a feira de maquinaria agrícola, forestal, razas autóctonas e productos ecolóxicos) no concello de Boimorto (A Coruña). Este ano fíxose unha exposición con exemplares de razas autóctonas de Galicia, na que participan criadores das razas autóctonas Cachena, (Gandería de Gonzalo Seoane Prado), Caldelá (gandería de Jónatan Iglesias Márquez), raza Ovella Galega (gandería de José Angel Rúa López), raza Cabra Galega ( gandería José Antonio Liñares Rey) e raza Galiña de Mos ( granxa artesanal "Aves do Concello" de Francisco Monasterio Solveira). Tamén estivemos cun stand con publicidade das nosas razas e os seus produtos.