A OVELLA GALEGA PARTICIPOU NUNHA NOVA EDICIÓN DA \"FÍA DA LÁ\"
14-15 setembro 2019. Cabanas (A Coruña)
O 14 e 15 de setembro estivemos presentes nunha nova edición de “A FÍA DA LÁ”, cun stand aportando abundante información da raza e das características da lá de Ovella Galega En Lavandeira, no concello de Cabanas (A Coruña). Esta feira estivo organizada pola “Asociación de mulleres Cabanas Rural”, onde se fixeron distintas actividades para por en valor a lá de ovella. Ademáis esta asociación son operadoras autorizadas para o Logotipo 100% Ovella Galega, traballan coa lá desta raza e confeccionan distintas prendas con esta excelente materia prima.