AS AUTÓCTONAS NA III FEIRA DE RAZAS AUTÓCTONAS DA MARIÑA EN O VALADOURO
05/02/2022 O Valadouro (Lugo)
Estivemos na III Feira de Razas Autóctonas da Mariña en O Valadouro. Participaron varios criadores dos concellos da Mariña: Explotacións Gandeiras Soli SC (Cachena, Ovella Galega, Cabra Galega), Marco Vázquez e Gonzalo Seoane coa raza Cachena, Alejandro Salvatierra con exemplares de raza Vianesa, David López coa raza Limiá, Victor Seijas pola raza Caldelá e Luis Fernández con exemplares de Ovella Galega.