img-20190517-wa0004

AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPAN NA FEIRA RAIGAME EN VILANOVA DOS INFANTES (CELANOVA)

17 de maio de 2019. Vilanova dos Infantes (Celanova-Ourense)

O Venres 17 de maio, día das letras galegas, estivemos na XVIII ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME, en Vilanova Dos Infantes en Celanova, adicada este ano ás feiras de gando tradicionais. Alí estivemos representando ás nosas razas autóctonas galegas cun posto onde asesoramos e repartimos abundante información das mesmas e dos seus produtos.

Tamén se pode descargar o xornal raigame, pinchando no seguinte enlace, onde hai 3 interesantes artigos de razas autóctonas, un deles feito polo director de BOAGA, José Ramón Justo: