AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARON NAS FEIRAS DO ABRIL 2023 NO VAL DO DUBRA
02/04/2023. Val Do Dubra (A Coruña)
Un ano máis, no Val do Dubra celebráronse as Feiras de Abril, e entre a multitude de actividades, o domingo 2 de abril, houbo unha exhibición de razas autóctonas, nas que participaron fermosos exemplares de raza Cachena e Cabra Galega, da explotación Finca A Ferreira ubicada en Paramos -Val do Dubra, propiedade de José Antonio Liñares.