AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON NA FEIRA DO GRELO NAS PONTES
22-23 de febreiro 2020 AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ (A CORUÑA)
Os días 22 e 23 de febreiro, celebrouse no concello das Pontes de García Rodríguez, a XXXX edición da Feira do Grelo. Paralelamente realizouse a IV mostra de razas autóctonas na que participaron os criadores Michiel Meijer, Cynthia Ariase Iván Dobarro con exemplares da raza Galiña de Mos e do mesmo concello das Pontes, así como Francisco Manuel Penabad Pita do concello de Ortigueira con exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega, xunto con criadores das razas Porco Celta e Can de Palleiro.
Boaga estivo con stand onde se publicitaron e promocionaron as nosas razas autóctonas, e prestóuselle asesoramento ao numeroso público asistente.
Esta actividade está desenvolvida gracias ao “Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia -BOAGA para a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, da Cabra Galega, da Galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014_2020” e para o período 2020-2022.