presentacion_marcas_produtores

OS CRIADORES SERÁN OS PROTAGONISTAS COAS SÚAS MARCAS EN SALIMAT 2019

Do 7 ao 8 de xuño 2019. Silleda (Pontevedra)

Dentro das distintas estratexias de comercialización das razas autóctonas, que dende BOAGA e as asociacións de criadores de razas autóctonas se está a promover, está o asesoramento na creación e promoción de marcas individuais de cada produtor, que serven para diferenciarse e que impulsan e potencian o crecemento das súas explotacións a través dunha imaxe de marca, que distinguen a calidade e a autenticidade dos produtos de raza autóctona, dunha forma individualizada e máis profesional.

Este ano como novidade, haberá distintas presentacións de marcas comerciais pertencentes a varios dos produtores de razas autóctonas que participan no Salimat 2019. Nun espazo habilitado na zona do TapiRazas, os produtores presentarán as súas marcas e farán degustacións dos seus produtos.

O venres 7  e o sábado 8 de xuño, en horario de tarde faranse as presentacións das marcas “CACHENAS DE PANTÓN”, “JAMONES GONZÁLEZ”, “O AGRO”, “A GRANXA DE LOLA”, “EMBUTIDOS HERMELINO”, “GANDERÍA TRAS DO RÍO”, “S. COOP. GALEGA TRES FUCIÑOS”, “GRANXA AEIROÁ”, “CACHENAS DE SAN BREIXO”, “CHOUSA DO LEA” e“PASTOS DO ENXILDE”

Esta actividade está patrocinada polo programa Interreg-Sudoe a través do proxecto BIOHERITAGE, que entre os seus obxectivos está o de dar a coñecer e promocionar aos criadores como comerciantes, na promoción dos produtos das razas autóctonas únicas.