img_20191222_121259969

A GALIÑA DE MOS ESTIVO NAS FEIRAS DO CAPÓN E DO GALO DE CURRAL.

22 decembro 2019. Vilalba (Lugo) y Viladecruces (Pontevedra)

O domingo 22 de decembro, a nosa raza estivo representada na Feira do Capón de Vilalba e na do Galo de Curral de Vila de Cruces coa participación dos criadores Francisco Monasterio e María José Castro respectivamente.

Nas dúas feiras houbo diversas degustacións nas que colaboraron outros criadores nosos.

Na Feira do Capón de Vilalba houbo unha demostración de cociña e degustación de produtos de razas autóctonas organizada por granxa Aeiroá, de Sandra López, coa súa foodtruck. O cociñeiro Oliver Fernández explicou o proceso de cociñado e as súas características.

En Vila de Cruces a degustación tamén foi moi concurrida, participando o criador e cociñeiro da nosa raza Santiago Caramés.