axudas-para-prevencion-ataques

MT809D - AXUDAS ECONÓMICAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN AS ESPECIES\ \ SILVESTRES.

Prazo de presentación solicitudes: 21/01/2022 - 21/02/2022

Acaba de publicarse a “Orde do 23 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 2022).”

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, e convocalas para o ano 2022. Está regulado polo código de procedemento MT809D (Pinche no procedemento para descarga)

Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Plazo de presentación: 21/01/2022 - 21/02/2022 (un mes dende o día seguinte á publicación.)

Para descarga da orde e extracto pode pulsar nos seguintes enlaces ou no apartado (LEXISLACIÓN - AXUDAS) da web BOAGA: