MOITAS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS PROTAGONIZAN UN CALENDARIO ESCOLAR PUBLICADO\ \ POLO MINISTERIO DE EDUCACIÓN Y FORMACIÓN PROFESIONAL DE ESPAÑA
Setembro 2020
Acaba de publicarse o novo calendario escolar para razas autóctonas españolas, editado polo Ministerio de Educación y Formación Profesional, dende a Consejería de Educación da Embaixada de España en Polonia, no que colaboraron a FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS-FEDERAPES e as asociacións membros da federación.
O calendario 2020-2021 ten como temática á das razas autóctonas españolas, unha excelente iniciativa para promocionar estas razas, os seus produtos e a xeografía española, nos escolares que aprenden lingua e cultura españolas nos países do leste.
Moitas das razas autóctonas galegas forman parte deste precioso calendario escolar, que se pode descargar na seguinte ligazón, na súa versión en liña do catálogo de publicacións do MEFP: