1_YmAEQw4

NO CPI LUIS DÍAZ MORENO DE BARALLA VIVIRON UNHA BONITA EXPERIENCIA.

7 de novembro de 2019. Baralla-Lugo

O 7 de novembro No CPI Luis Díaz Moreno de Baralla, na provincia de Lugo, os alumnos asistiron ao nacemento de poliños da raza Galiña de Mos e tamén, recibiron a visita dun galo e dunha Galiña, implicándose moito os alumnos e os profesores nesta actividade que durou tres semanas. Acompañounos a criadora Sandra López para contar as súas experiencias.