IV XORNADAS DA TENREIRA CACHENA NO EUME
{}
As xornadas gastronómicas en torno á Cachena van camiño de consolidarse no Eume tras a boa acollida dunha nova edición, a cuarta, na que se inscribiron 11 establecementos hostaleiros: Casa de Graña da Acea, Casa Platas, Mesón Balarés, Albergue Alvarella, Casa Garabana, Andarubel, A Pitanza, La Solana, Casa Sixto, Casa Peizás e A Palma.
A cita foi do 13 ao 29 de abril e un ano máis organizárona a Asociación de Empresarios de Turismo do Eume (Tureume), Boaga e Cachega, coa colaboración da Casa do Mel. Ademais de ofrecer carne desta raza nas cartas dos restaurantes participantes programáronse varias charlas técnicas no Centro de Intepretación das Fragas do Eume para a inauguración do evento, como vén sendo habitual, e unha delas xirou arredor da Galiña de Mos. Informouse dos avances conseguidos coa raza, das súas características morfolóxicas e, especialmente, dos seus especiais caracteres cárnicos, xa que a apreciación dos consumidores e os estudos de investigación están demostrando o diferentes que son os produtos da raza autóctona en comparación cos polos industriais. Os restauradores da zona amosáronse moi interesados na introdución dos produtos da Galiña de Mos nos seus menús.