NOVA XORNADA DO BOI DE RAZA VIANESA NO CASABLANCA
3 e 4 de outubro 2020. Ourense
O 3 e 4 de outubro, celebráronse en Ourense na Cervecería Casablanca, as xornadas de Boi de raza Vianesa. O cociñeiro Jorge de “Casa Elvira”, de Montederramo fixo un menú composto por minihamburguesas, croca á prancha e costela ao forno con guarnición, e de postre acompañado por bica de Montederramo ou queixo do Cebreiro con Mel.
A materia prima procedeu de GANADERÍA CIMADEVILA, criador da raza e tamén operador autorizado para o logo 100% raza Vianesa.