NOVA INCUBACIÓN CON OVOS DE GALIÑA DE MOS NO CEIP PÚBLICO DE OCA
11/03/2020. A Estrada (Pontevedra)
No CEIP de Oca en A estrada, o 11 de marzo deste ano, houbo outra incubación de ovos de galiñas da nosa raza, para alumnos de primaria. Puideron disfrutar dunha experiencia inolvidable, como se pode ver nas imaxes.
Esta actividade está desenvolvida gracias ao “Convenio entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia -BOAGA para a conservación, desenvolvemento e utilización sostible dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega, da Cabra Galega, da Galiña de Mos, e dos seus produtos derivados, fomentando o uso comercial destes como elemento clave para a súa conservación, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do PDR de Galicia 2014_2020” e para o período 2020-2022.